Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada oferta transporte gratuíto para os cursos de natación en Ribadeo

Por 23 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada pon a disposición de nenos e adultos empadroados no Concello un servizo de transporte gratuíto para acudir a cursos de natación á piscina municipal de Ribadeo. Toda persoa interesada nesta actividade deberá facer a solicitude nas oficinas municipais antes do 30 de setembro. 

Establecen cursos para grupos as tardes dos venres. Os nenos terán un horario de 19:00 a 19:45 horas con un prezo mensual de 13,92 euros. Para os adultos o horario será a continuación, de 19:45 a 20:30 cunha cota de 19,51 euros ao mes.

As prazas máximas para os nenos/as son de 10 de aprendizaxe e 15 de perfeccionamento; para os adultos 5 de aprendizaxe e 10 de perfeccionamento e que para poder levarse a cabo hai que contar cun grupo mínimo de 12 nenos/as e 6 adultos. Por tratarse de un grupo pechado, os usuarios non terán que aboar a matrícula. Os/as menores de idade irán acompañados por un monitor/a durante a viaxe de ida e volta e o tempo de espera ata que remate o derradeiro turno.

Será necesario inscribirse antes do 30 de setembro de 2022. A admisión será por orden de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

“Considerando unha prioridade deste goberno o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para nós é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais ,deportivas, de ocio… de forma que os nosos veciños e veciñas teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan, ofrecémosvos este servicios que se farán no caso de haber un número mínimo de inscritos, xa que a nosa obriga é facer un uso responsable e eficiente do que é de todos, o diñeiro público”, explica a alcaldesa Mayra García.