Skip to main content
Viveiro

A inscrición para os cursos de natación da piscina de Viveiro abrirá o luns 5

Por 2 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa do comezo dos prazos de inscrición para os cursos infantís de natación durante o curso escolar 2022/23 na piscina municipal.

‘Natación infantil’ ofértase para nenos e nenas nados entre 2017 e 2018, mentres que ‘Natación nenos’ é para os nados entre 2009 e 2016. As escolas ofertaranse para os nados entre 2016 e 2007.

A preinscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica, e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase preanotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da preinscrición, informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo. Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente.

Para o primer trimestre do curso, o prazo de preinscrición é do 5 o 22 de setembro e o sorteo farase o dia 23 de setembro. A data de comezo do terceiro trimestre será o 3 de outubro e as clases finalizarán o 22 de decembro.

Farase un sorteo xeral para todos os cursos. Sortearanse non só as prazas ofertadas en cada curso, tamén as que formarán parte das listas de espera, e terán orde de preferencia en función da orde de saída dos números no sorteo.

Os nenos e nenas que gañen unha praza no seu grupo, quedarán automaticamente inscritos e de non estar finalmente interesado deberán comunicalo no prazo de dous días, ou pola contra quedaran obrigados o pago da taxa correspondente.

O sorteo será aberto ó publico, farase na piscina municipal as 11.00 horas do día 23 de setembro. O resultado será publicado no tablón da piscina municipal e nas redes sociais da Concellería de Deportes de Viveiro.

Con carácter xeral, un curso poderá ser anulado cando non se acade a cobertura mínima do 50% das prazas ofertadas. A dirección da piscina poderá modificar, anular ou engadir algún curso que por motivos técnicos-organizativos considere necesario.