Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiroXove

O balonmán na rúa chega a Xove

Por 5 Setembro, 2022Sin comentarios

O Club de Balonmán de Viveiro organiza para o martes 6 e mércores 7 de setembro unha xornada de balonmán na rúa para dar a coñecer este deporte entre os cativos xovenses.

Estarán en horario de 10:00 a 12:00 para nenos de 6 a 11 anos e de 12:00 a 14:00 pra nenos de 12 a 16 anos. Está aberto a todos os que queiran probar e participar.

Para máis información ou dúbidas pódese chamar a 637 986 287 ou escribir un correo a viveirobalonman@gmail.com. A zona de actuación deportiva será na pista do parque infantil de Xove.