Skip to main content
Viveiro

Remata o programa de Voluntariado Xuvenil de Viveiro

Por 10 Setembro, 2022Sin comentarios

O programa propón actividades educativas e de lecer a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

O Concello de Viveiro informa do remate do Programa de Voluntariado Xuvenil 2022, que estivo centrado no proxecto de Apoio Educativo e Actividades de Lecer a Colectivos en Situación de Risco. O programa desenvolveuse, ao abeiro dunha subvención autonómica, nos meses de verán.

O programa de apoio estivo dirixido polas técnicas de Servizos Sociais do Concello de Viveiro, Mª del Mar Lago e Rebeca Veiga, e conta coa implicación de catro voluntarias do Programa Xuvenil, xunto a outras tres voluntarias mais.

“Este verán tamén contamos coa colaboración de Lucas Requejo, fundador e director executivo da Asociación sen ánimo de lucro Prato_Do. Todos os mércores dos meses de xullo e agosto os/as nenos e nenas realizaron xunto a él saídas para o coñecemento e interpretación da vila na que residen os usuarios/as, tendo como base o proxecto “Descubre Viveiro”, convidando a que soñen cun futuro sostible para toda a comunidade. Este obradoiro tamén tivo como obxectivo a creación dun xogo de mesa no que estivera presente o legado cultural histórico e arquitectónico da vila de Viveiro”, sinala a xefa da Oficina de Voluntariado, Mª del Mar Lago.

En total, beneficiaronse deste proxecto 28 usuarios/as de Educación Primaria, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Ademais, ofreceuse a acción formativa “Alfabetización nas linguas oficias”, dirixida a persoas inmigrantes adultas.

Para concluir o programa os menores disfrutaron dunha saída ao cine de Viveiro e unha comida nas Nogueiras.

“Como concelleira de Benestar Social e orientadora educativa, con coñecemento de primeira man da realidade social e educativa noutros concellos, gustaríame poñer en valor a continuidade e mellora deste proxecto na nosa vila dende o ano 2004”, sinala a edil Victoria Baamonde.

Neste senso, a concelleira destaca que o programa “vela pola igualdade de oportunidades dos mais pequenos, protexendo o seu dereito á educación, ao xogo e a ter unha contorna de protección”.

Dende o Concello de Viveiro agradécese a gran labor das persoas voluntarias Azucena Prado, Marlén Ares, Desirée Polo, Erika Álvarez, Mar Fanego, Melba Rúa, e Celia García; das técnicas Rebeca Veiga y Mª del Mar Lago, e doutros profesionais como Lucas Requejo, pola súa implicación e compromiso co proxecto.