Skip to main content
Viveiro

O Resurrection Fest do 2023 será do 28 de xuño ao 1 de xullo

Por 25 Setembro, 2022Sin comentarios

A organización do Resurrection Fest deu a coñecer as datas da próxima edición de 2023, que se celebrará en Celeiro do mércores 28 de xuño ao sábado 1 de xullo. A organización desvelou as datas xunto á publicación da aftermovie que resume os mellores momentos da edición deste verán.

Sobre a edición pasada a organización lembrou foron “cinco días de concertos no paraíso que é Viveiro, o noso fogar durante os mellores días do ano, foi incrible!”. “Foron anos moi difíciles para todo o mundo e sacar adiante a edición de 2022 foi un dos nosos maiores retos ata a data. Co voso apoio e con gran traballo, esforzo e a mesma ilusión de sempre ou máis, fomos capaces de sacar adiante unha edición especialmente importante para nosotrxs. Moitas grazas!”, conclúen.

“Anotade ben eses días no calendario do ano que vén porque o festival faise maior de idade coa súa edición número 18 e, unha vez máis, faremos historia en Viveiro”, din desde o Resu que aínda non anunciou os primeiros grupos do cartel.