Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

A Igrexa de San Francisco de Viveiro acollerá un concerto da Orquestra de Cámara Galega

Por 28 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

A Igrexa de San Francisco de Viveiro acolle este próximo domingo, día 2 de outubro, un concerto da Orquestra de Cámara Galega.

O concerto, coa colaboración do Concello de Viveiro, chega este domingo á vila dentro do ciclo ‘Xacobeo en Cámara’. A entrada será de balde.

“Unha boa oportunidade para ver en Viveiro á Orquestra de Cámara Galega, unha nova actividade cultural para os nosos veciños e veciñas”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, e Clara Groba, violoncelo principal e solista, a orquestra está integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. 

Desenvolveu unha intensa actividade que lle levou a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco ata os nosos dias, incluíndo a difusión de compositores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, do cal se levaron a cabo numerosos estreas. 

No ámbito internacional, a orquestra actuou en Viena, Nueva York, Arxentina ou Holanda. Colaborou con profesionais da talla de Teresa Berganza, Anthony Pay, Cecilia Lavilla, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, Juan Lomba, José Núñez e José Luis Estellés.