Skip to main content
Xove

Novo vehículo de recollida de lixo para o Concello de Xove

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove aquiriu un novo vehículo de recollida de lixo, un servizo do cal se encarga a Empresa Urbaser. Trátase dun camión Renault Trucks, con caixa Ros Roca, o cal dispón  de 16 metros cúbicos de capacidade.

O vehículo vén cos novos motores menos contaminantes que cumpren a normativa Euro 6. Esta incorporación forma parte do contrato que ten Urbaser co Concello de Xove, e vai permitir mellorar a eficiencia da recollida de lixo no Concello.

O camión vaise incorporar de maneira inmediata ao servizo de recollida, primeiro vaise adicar a recoller a fracción resto dos contedores verdes e a fracción envases dos amarelos, máis adiante adicarase a recoller a fracción orgánica.

A incorporación deste vehículo englóbase dentro dun programa de modernización dos servizos municipais de limpeza; recordamos neste sentido que durante o mes de agosto tamén se incorporaron ao servizo unha nova máquina barredora e unha biotrituradora.