Skip to main content
Xove

O Concello de Xove prepara un curso de escaparatismo

Por 10 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove acolle un curso de escaparatismo que será impartido por Jesús Atadel, El Chipe. Este contará con asesoramento para a campaña de Nadal e ademais será en galego non sexista.

Este curso será os luns e mércores dende o 26 de setembro ao 31 de outubro e conta con prazas limitadas polo que recomendan anotarse axiña.

Para máis información será necesario contactar co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove no teléfono: 982 592 001 ou no correo electrónico aedl@xove.es.