Skip to main content
Xove

O Concello de Xove pon en marcha un Xeoportal de datos

Por 17 Setembro, 2022Setembro 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove lanza un Xeoportal de datos, dispoñible online e que ofrece un servizo de visualización e consulta urbanística por parcela catastral do Plan Xeral de Ordenación, PXOM, aprobado e tamén ofrece a consulta dos bens inventariados no inventario de bens e dereitos municipais.

Para acceder a este portal hai que entrar primeiro na páxina web do Concello e unha vez dentro, entrar no visor. Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens de propiedade municipal inventariado e a consulta urbanística mediante a busca por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e a activación da geolocalización en dispositivos móviles con GPS e consultar así dende calquer punto do territorio a planificación urbanística.

O Xeoportal de datos é, en definitiva, “un paso máis para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas”, din dende o Concello, “esta tecnoloxía correu a cargo da Empresa Procat Ingeniería y Medioambiente”.

Polo momento, este tipo de tecnoloxía a teñen instalada os Concellos de Vigo, A Coruña e Santiago, sendo o Concello de Xove o cuarto, e primeiro na Provincia de Lugo, que dispón desta importante ferramenta, que vai ser utilísima para todos os nosos veciños e para todas aquelas persoas que estén interesadas no noso Concello.