Skip to main content
Xove

Volve un ano máis a Festa do Ramo, no Alto do Cruceiro de Xove

Por 29 Setembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro vén de organizar por décimocuarto ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal terá lugar o venres 30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro, no Alto do Cruceiro

O lugar de celebración será no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai cinco anos en honra a Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 7 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñerán de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da festa do callos na súa decimo cuarta edición, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde.

Trátase dunha festa gastronómica dun producto da zonas, e todo por o módico prezo de 6 euros, e no que se poderá degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contarán con máis de 1.000 racións, as cales espérase que se esgoten.

Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 6 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, rematará a festa cun bo programa de baile a partires das 23.00 horas amenizado pola orquestra Ritmo Joven e unha Disco Móvil.