Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

As xovenses Lara Rodríguez e Julia López gañan o Campionato de España de bolos celtas en parellas

Por 30 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

As xovenses Lara Rodríguez e Julia López gañan o Campionato de España de bolos celtas na categoria femenina de parellas no torneo celebrado o pasado 24 de setembro en Nigrán.

A cita deportiva xogada no Campo da Camoesa de Camos, foi un gran éxito para as xogadoras do Club de Bolos Xove desprazadas a disputar os Campeonatos de España na categoría de mixta e femenina.

Na categoría femenina, na modalidades de parellas, a formada polas xogadoras do Club de Bolos Xove, Lara Rodríguez e Julia López acadou o título de campionas de España vencendo na final a tamen xogadora de Xove Belén Meitin e a Patricia do Club de Bolos Peitieiros de Gondomar.

Clasificacion Final Campeonato España Femenino Parellas

  • Campeonas : Lara Rodriguez E Julia Lopez
  • Subcampeonas: Belen Meitin E Patricia Garcia
  • Terceiras: Sandra Suarez E Sabela Fernandez

Na categoría individual Julia López que partía como unha das claras favoritas quedou eliminada en cuartos de final pola xogadora de Baiona, Blanca Lago.

Clasificación Final Campeonato España Femenino Individual

  • Campeona: Belen Rodriguez
  • Subcampeona: Nerea Ferreira
  • Terceira: Sandra Suarez

No tocante á categoría mixta, a parella de Club de Bolos Xove formada por Julia e o seu irman Miguel non foron capaces de defender o campionato acadado o pasado ano, caendo en cuartos de final cun apretado marcador diante de Blanca Lago e Vicente Moo do Club de Bolos Estivada.

Clasificacion Final Campeonato De España Mixtoç

  • Campeones: Belen Rodríguez e Oscar Zapata
  • Subcampeones: Blanca Lago e Vicente Moo
  • Terceiros: Nerea Ferreira e Juan Vasconcellos