Skip to main content
Axenda Caducada

O Saborea a túa provincia chega ao seu final este venres en Pol

Por 1 Setembro, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

O programa da Deputación Saborea a túa provincia chega este venres ao seu fina en Pol, onde o autobús estará situado na praza do Concello coincidindo coa celebración da feira mensual.

Os actos darán comezo ás 12.30 coa actuación da banda Leña Verde, ao que seguirá un obradoiro de cociña para nenos a partir de 6 anos.

Ás 13.00 horas terá lugar unha demostración culinaria e unha degustación de produtos  por parte da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo.

A actuación musical de Atlántica terá lugar antes da degustación de produtos, coa que se dá por finalizada a sesión.

A segunda edición do programa provincial Saborea a túa provincia percorreu nove concellos da provincia durante as fins de semana de verán ata e volveu ser un éxito de público e de participación nestas xornadas gastronómicas e de lecer que promove a institución provincial.

Nesta ocasión a cita estivo presente en Patón, Chantada, Taboada, Trabada, O Valadouro, Vilalba, A Fonsagrada, e Navia de Suarna.

A actividade consiste nun autobús-cociña onde profesionais da asociación provincial de cociñeiros e cociñeiras de Lugo elaboran receitas con produtos típicos de cada zona.  Utilizaran alimentos con distinción da súa calidade polo selo Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, como a Faba de Lourenzá, a Pataca Galega, o Pemento de Mougán, o Lacón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia ou o queixo San Simón da Costa; e tamén empregan nas súas elaboracións razas autóctonas como o Porco Celta, a Galiña de Mos ou o Vacún Galego.