Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

O Círculo Habanero da Devesa celebrará o seu centenario

Por 11 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

O Círculo Habanero da Devesa celebrará o seu centenarioo vindeiro 17 de setembro cun día cheo de actividades e que comezará cunha misa cantada nos locais da sociedade a partir das 12.00 horas.

Despois da misa será a sesión vermú e acto seguido haberá un xantar de confraternización que dará paso a unha festa de estilo indiano.

O Círculo Habanero da Devesa é un edificio promovido pola Sociedade de Instrución e Recreo da Devesa como edificio social e centro de recreo e cultura. Inaugurado en 1921, o seu recinto acollía ademais dúas escolas nas que se impartían clases gratuítas a nenos e nenas da parroquia e da contorna.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.