Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

A parroquia de Cadramón, no Valadouro, celebra as súas grandes festas

Por 19 Setembro, 2022Setembro 27th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Cadramón, no Concello do Valadouro, celebra a festividade na honra a San Xurxo, San Cosme e Santa Filomena coa oración de misas e grandes actuacións musicais que amenizarán estas xornadas de festa.

A festa comezará o venres 23 de setembro coa gran verbena nocturna a cargo da orquestra Miramar. E a xornada do sábado 24 ás 13.30 horas será a misa solemne con procesión seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Alianza, quen será a encargada de poñer a música da noite xunto con Estrellamar.

O domingo 25 volverá o oficio relixioso con procesión e sesión vermú a cargo da formación Os Adrianos. Dende a organización informan de que haberá campo cuberto con carpa  e de que o martes 27 será a bendición do gando ás 12.45 e acto seguido haberá misa.