Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Ribadeo acollerá o FestivalEO da Alimentación Sustentable

Por 13 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

Os vindeiros días 23 e 24 de setembro o parque de San Francisco de Ribadeo acollerá unha nova edición do FestivalEO da Alimentación Sustentable.

FestivalEo da Alimentación Sustentable do Eo é unha proposta para pasar dous días de diversión e aprendizaxe en torno á alimentación sustentable, a través da visibilización de propostas e alternativas que dan resposta aos principais retos que afrontamos neste preciso instante en relación ao modelo de produción, distribución e consumo.

Nesta cita poderase desfrutar de concertos, obradoiros, palestras, actividades para público infantil, degustacións, feira e moito máis.