Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

O I Rally Concello O Vicedo será en outubro

Por 20 Setembro, 2022Outubro 8th, 2022Sin comentarios

O Vicedo contará por primeira cun rally puntuable para o campionato de talleres km0 e que se celebrará o vindeiro 8 de outubro.

O evento non deportivo consiste nun percorrido para vehículos históricos e limítase a 60 equipos participantes. Esta organizado por Club Clásicoa O Vicedo e Club Clásico Viveiro

O evento constará de etapas, seccións, zonas de regularidade e zonas de ligazón e os vehículos participantes sairán cun intervalo entre eles, tratando de evitar no posible a formación de caravanas durante o percorrido.

Os trofeos e clasificación final entregaranse ao finalizar o evento, durante o acto programado polo organizador para iso. haberá trofeos para os 1º 2º e 3º da Clasificación Xeral Final, para o último clasificado que pasase por todos os controis de paso, antes de que fosen pechados); o 1º clasificado pertencente ao Club Clásicos O Vicedo;o  1º clasificado pertencente ao Club Clásicos Viveiro; e para o puntuable no Campionato de Km0.

Pódese consultar todo o reglamento no seguinte enlace.