Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

O cine na rúa chega ata a praia de San Román do Vicedo

Por 14 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado 17 de setembro, ás 21.00 horas, proxectarase a película Cuñados na praia de San Román, ao aire libre. Trátase dunha proposta da Área de Cultura da Deputación de Lugo ao abeiro do ciclo de Cine na Rúa na que se pretende achegar o cinema falado en galego a diferentes lugares da provincia.

Cuñados é un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.