Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXALourenzá

Nova edición da Carreria Val das Fabas de Lourenzá

Por 14 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

O vindeiro 1 de outubro volve a Carreria Popular laurentina Val das Fabas que terá lugar o sábado da celebración da Festa da Faba e que este ano chega á XII edición. Esta carreira será dende a praza do Conde Santo ás 17.00 horas para menores e a partir das 18.00 horas a absoluta de 6.330 metros.

Xa están abertas as inscricións con límite de participación tanto en categorías menores como absoluta.

Obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes que se inscriban entre os 150 primeiros ou ata fin de existencias.
A recollida de dorsais e chips farase o sábado dia 2 de outubro na Biblioteca Municipal a partir das 15.00 horas.