Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

Volve a tradicional Romaría da Santa Eufemia, no burgo de Trasbar, en Cervo

Por 14 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de parón este sábado 17 de setembro voverá celebrarse no burgo de Trasbar, en Cervo, a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coas súas festas patronais que inclúe un amplo programa de actividades que se desenvolverán durante dous días

Os actos comezarán o venres día 16, Día da Patroa, ás 23.00 horas, con Conxuro Discomóvil como encargada da verbena. Xa na xornada do sábado 17, os actos comezarán ás 10.00 horas da mañá cunha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo.

A misa, será ás 13.00 horas, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e acto seguido será a sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo do humorista Oswaldo Digón e Conxuro Discomóvil. Xa pola noite, o grupo M-5 Galicia e Conxuro Discomóvil serán os encargados da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde, dando por rematado con isto o programa festivo deste ano.