Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A película ‘Cuñados’ chega a Foz

Por 16 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

Volve o mellor cine de Galicia, despois do parón polo verán. Este sábado 17 de setembro inicianse as proxeccións das finalistas a mellor longametraxe dos XX Premios Mateo. Poderase ver na casa da cultura focega  ás 18.30 horas con entrada de balde.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.