Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A Pontenova presenta o cartel da Queima dos Fornos

Por 20 Setembro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

A Pontenova recupera as súas tradicionais festas da Queima dos Fornos sen restricións sanitarias e presenta catro días de festexos.

As festas arrancarán o día 7 de outubro, venres, con verbena, que estará a cargo de Euphoria DiscoShow, Alejandro Martínez e o grupo Beatriz.

O sábado será o día grande con celebracións de todo tipo e dúas citas imprescindibles, a sesión vermú e a verbena, na que destaca a presenza de Paris de Noia, que volve un ano máis á vila dos fornos. Tamén estarán de novo Euphoria DiscoShow e Pero Brmudz.

Será o sábado á noite, sobre as 0.30 horas cando teña lugar a tradicional queima dos fornos, que chega á súa XXIII edición.

Continuarán os festexos o domingo tamén con dobre cita musical, repetirán Euphoria DiscoShow e Pero Brmudz e engádese a sesión protagonizada pola orquestra Costa Dorada.

As festas tocarán ao seu fi o luns, día 10 de outubro, coa sesión vermú que dirixirá Blanco y Negro.