Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

Abres acolle o sábado unhas xornadas para o impulso da pesca da lamprea e a angula no Eo

Por 23 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

Este sábado, 24 de setembro, terá lugar en Abres unha xornada que leva por título El río Eo como oportunidad de desarrollos sostenible a través de la pesca artesnal de la lamprea y la angula. As ponencias darán comezo ás 10.00 horas e se prolongarán ata as 14.00.

Estas xornadas enmárcanse dentro dun proxecto impulsado polo Concello de Vegadeo co apoio do Centro para o Desenvolvemento da Comarca Oscos-Eo e financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a recuperación da tradición e recursos pesqueiros na ría de Abres.

Con estas xornadas preténdese sentar as bases e marcar unha folla de ruta para a recuperación dos oficios ligados á construción de chalanas e á pesca artesanal da lamprea a angula.

Os obxectivos da xornada son identificar os axentes involucrados, persoas interesadas, expertas e afectads; recompilar, ordar e sistematizar as fontes de información, ideas, necesidades e oportunidades e trazar unha folla de ruta cos pasos a seguir.

O programa contará nun primeiro momento cunha mesa redonda á que seguirá unha mesa de traballo cos axentes asistentes. Finalizará a sesión cunha visita ao taller de chalanas de Ángel Puga en Abres.