O colectivo cultural A Subela de Foz celebra este venres a segunda edición do seus cantos de taberna.
Estes desenvolveranse a partir das 20.30 horas dende o parque Damián ata o Campo da Cabana percorrendo os distintos locais ao ritmo da súa música.
Esta segunda edición celébrase tralo éxito acadado na primeira.