Skip to main content
Palas de Rei

Dúas parroquias de Palas de Rei celebran as súas festas esta fin de semana

Por 7 Setembro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

As parroquias de Santa Mariña de Fontecuberta e Ferreira en Palas de Rei celebran esta fin de semana as súas festas parroquiais.

Santa Mariña de Fontecuberta celebra as súas festas o longo de todo a fin de semana e comezan o sábado con unha misa e procesión ás 13.00 para continuar con unha sesión vermú a cargo da charanga Eravisto.

Xa pola noite haberá unha gran verbena a cargo do trío Orquidea, a charanga Eravisto e un fin de festa con disco móbil. 

O domingo a misa será ás 13.30 e a posterior sesión vermú estará amenizada polo trío Manhattan que tamén amenizarán a verbena da noite. Os dous días haberá sorteos e xogos no descanso da verbena.

A parroquia de Ferreira celebra as súas festas o sábado día 10 con unha misa solemne ás 13:00h e unha sesión vermú a cargo do trío Mar de Caión. Este grupo tamén amenizarça a verbena que dará comezo ás 00.00.