Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

Monterroso está de festa a próxima semana

Por 24 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

Monterroso celebra as festas do San Miguel a próxima semana. O mércores 28 dan comezo as celebracións con un pregón a cargo de Carlos Pereiro ás 20.00. A verbena dará comezo ás 23.00 amenizada polas orquestras Los Coleguitas e Paris de Noia.

O xoves continúan as celebracións e ás 12.00 terá lugar unha misa con procesión e un pasarrúas a cargo da Fonte de Merlán. Xa pola tarde haberá unha actuación do Mago Lolo na praza do Froito ás 18.00 e ás 20.00 dará comezo un pasarrúas e concerto da Banda Municipal de Arca. A verbena que dará comezo ás 23.00 estará amenizada pola orquestra Marbella e ás 00.30 haberá unha sesión de fogos de artificio.

O venres 30 a misa terá lugar a 12.00 e pola tarde, as 18.30 haberá una exhibición de baile deportivo do club Goldance. Ás 20.00 terá lugar unha ruta polo bares con Calos Pereiro como Dj e a verbena dará comezo ás 00.00 a cargo da orquestra Finisterre e O Neto do rubio.

Falcatrueiros comezarán as celebracións do sábado con un pasarrúas e ás 18.00 terá lugar un partido de fútbol entre o SD Monterroso e Sober. A Banda Municipal de Antas de Ulla realizará un pasarrúas e concerto ás 20.00 e para finalizar o días ás 00.15 haberá un concerto de Pol 3.14 e Galician Army.

O domino, último día das festas, celebrase o día do neno con inchables, música e unha festa la espuma a partir das 17.30. O SD Monterroso xogará un partido contra Castro ás 17.00 e terá lugar a final do I Torneo de Pádel.