Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Varios concellos lucenses melloran a súa rede de equipamentos culturais

Por 2 Setembro, 2022Sin comentarios

Un total de 14 concellos da provincia de Lugo entre os que se atopan O Courel, Ribas de Sil, Quiroga, Samos ou Chantada beneficiaranse deste programa que conta cun orzamento total de 162.500 euros.

A consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades destina este importe co fin de equipar e mellorar instalacións e locais destinados a realizar actividades culturais.

O proxecto de maior envergadura é a mellora da rede de centros culturais no Xeoparque Montañas do Courel; en concreto, dedícanse 31.500 euros a actuacións no Centro de Interpretación da Minería Aurífera de Ribas de Sil, á Casa da Cultura de Quiroga e ao local sociocultural Fondo da Vila de Folgoso do Courel.

O concello de Samos recibiu 27.000 euros para a renovación da biblioteca, o de Chantada 25.500 euros para rehabilitar un edificio e destinalo a un centro cultural, o de Bóveda 24.000 euros para mellorar a accesibilidade do centro sociocultural e o de Outeiro de Rei 21.500 euros para reforzar as medidas de seguridade contra incendios no pavillón municipal.

Tamén reciben aportacións as propostas para habilitar unha sala de lectura infantil na biblioteca municipal de Sarria, e renovar o equipamento das bibliotecas municipais de Viveiro, Xermade e Alfoz, así coma do Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Lourenzo de O Valadouro, o arquivo municipal de O Saviñao e o edificio multiusos de Ourol.

As subvenciones, que se conceden en réxime de concorrencia competitiva, permitirán reforzar os equipamentos culturais con diferentes actuacións como dotalos de equipamento e mobiliario, realizar obras de reforma, ampliar, modernizar ou mellorar os inmobles ou adquirir materiais técnicos. Tamén se inclúen actuacións en relación á accesibilidade, á iluminación, ao son e equipamento de novas tecnoloxías.

ACHEGA TOTAL

Estas axudas suman no seu conxunto de Galicia preto de 500.000 euros de inversión para un total de 47 concellos, e coinciden cos obxectivos doutras seis convocatorias xestionadas pola consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para contribuír á modernización e xestión sostible dos espazos e as empresas culturais de Galicia e para facilitar o acceso á cultura nos ámbitos rurais, cunha inversión conxunta de 4,6 millóns de euros.

En concreto, súmanse ás axudas de 200.000 euros para a mellora centros museísticos con moitos beneficiarios e aos 145.000 euros para a posta a punto de 27 arquivos que foron beneficiarios na derradeira convocatoria. Ademais, vénse de aprobar unha nova liña de axudas extraordinarias de 1,3 millóns de euros para axudar ás empresas e autónomos no seu equipamento que se suma aos 1,2 millóns de euros que a Xunta adxudicou o pasado mes de maio para a mellora de 46 teatros, auditorios e salas de toda a comunidade, 26 de eles privados e 20 de titularidade pública.

Con cargo a este mesmo programa, a Xunta tamén conta con subvencións a espazos privados de exhibición cinematográfica, con preto de 850.000 euros para o cofinanciamento de proxectos relacionados coa innovación, o funcionamento dixital e sostible, a captación e lealdade de públicos e a adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual.