Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O BNG reclama á Xunta que Lugo non quede excluído das bonificacións do transporte

Por 6 Setembro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego insta ao Goberno da Xunta de Galiza a negociar coas compañías concesionarias do transporte público para que Lugo e o resto de vilas da provincia non queden excluídas das bonificacións adicionais.

Lugo queda fóra desta nova táboa de prezos con descontos, favorecendo ao illamento en materia de mobilidade e infraestruturas. As actuais bonificacións só se aplican nas vilas e cidades pertencentes ao Eixo Atlántico.

A deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, explicou “viaxar en bus entre Vigo e A Coruña terá un custo de 64 céntimos, mais o traxecto entre Lugo e Compostela será de case 5 euros, aplicando o desconto da Xunta”.

Neste senso, a deputada anunciou “non pode excluírse a Lugo destas medidas nin agraviar unha cidadanía sobre outra, por iso desde o BNG pedimos a implicación da Xunta de Galiza, para que as bonificacións anunciadas polas empresas de transporte se estendan tamén ás liñas da nosa provincia”.

Rodil tamén salientou o agravio continuado en materia de infraestruturas e de mobilidade “Lugo leva décadas reclamando un tren do século XXI e máis de vinte anos agardando por unha autovía que conecte a cidade coa capital de Galiza”.