Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED de Lugo organiza un ciclo de conferencias sobre política exterior

Por 17 Setembro, 2022Sin comentarios

A directora da A UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena, e o Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Alvares bueno, presentaron o novo ciclo de conferencias co título España y los nuevos desafíos en política exterior.

Ao longo do ciclo contarse coa visión de catro figuras de gran relevancia no campo da xeopolítica, a economía, a enerxía e o medio ambiente.

O ciclo inaugurarase co relatorio de Miguel Ángel Ballesteros Martín, director do Departamento de Seguridade Nacional do Gabinete da Presidencia do Goberno de España, xeneral de Brigada de artillería. Na súa conferencia analizará o papel de España e a Unión Europea ante as consecuencias provocados pola guerra en Ucraína.

Para reflexionar sobre os desafíos actuais das políticas climáticas e enerxéticas, contarán con Javier Labandeira Villot, catedrático de Economía na Universidade de Vigo, integrante do grupo de investigación Rede e do Centro de Investigación galego Ecobas, director de Economics for Energy e membro do grupo intergobernamental sobre cambio climático da ONU (IPCC) para elaboración do seu quinto e sexto informes de avaliación.

Tamén, analizarán a guerra paralela a nivel informativo e tecnolóxico que se está librando no mundo dixital da man da profesora da UNED e do departamento de Socioloxía, ciencia política e da administración da Universidade de Vigo, Rosa Ricoy Casas.

Para completar a panorámica do mundo actual, deteranse na análise das políticas migratorias coa profesora do Departamento de Economía Aplicada e Xestión Pública da UNED, Myriam C. González Rabanal.

O relatorio inaugural impartido polo xeneral Ballesteros levarase a cabo o xoves 6 de outubro ás 18.30 horas no salón de actos da UNED.

A matrícula para esta actividade, en modo presencia ou on line, é totalmente gratuíta e deberá de cursarse a través da páxina da UNED.