Skip to main content
A FonsagradaAxenda CaducadaBaleira

A exposición No Camiño chega a Baleira e Fonsagrada

Por 1 Setembro, 2022Setembro 7th, 2022Sin comentarios

Inaugurada en Baleria e A Fonsagrada a mostra itinerante “No camiño”, que co subtítulo “As imaxes que viron os peregrinos” recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte.

No Camiño: Señores da luz, Señores da palabra

Son señores da luz os que, aínda agora pero especialmente en tempos difíciles en recursos e tecnoloxía, captaban coas súas cámaras instantes de vida, deixando permanente constancia dunha presenza ou dun feito. Son señores da palabra os que, en poesía ou en prosa, fabularon ou deixaron constancia de feitos acontecidos, situacións, persoas… dos mesmos lugares onde se fixeron as históricas fotos. E xa que imaxes e textos se  centran nos Camiños de Santiago existentes nas terras lucenses, chámaselle a esta acción “no camiño”, para poñer de actualidade e en valor ese conxunto de obras que compre rescatar do esquecemento.

Con este proxecto homenaxe a, coñecidos ou anónimos, históricos señores da luz e da palabra, señores do camiño en fin, mestres dos tempos heroicos da fotografía e da escrita, cronistas literarios e gráficos, búscase divulgar algunhas das súas fermosas imaxes, entrañables, inesquecibles, acompañadas por textos literarios que as complementan ou destacan, en singular conxunción de arte visual e literaria, ao servizo da intelixenciacómplice do espectador.

As fotografías, perfectamente localizables polo espectador e debidamente identificadas, son un valor por si mesmas e o testemuño da luz resulta complementado ou resaltado polas citas literarias, que poñen de relevo tanto os aspectos que a imaxe reflicte como outros detalles históricos ou sociais, que axudan á comprensión ou ao impacto, por completar a visión do espectador. A exposición está formada por 10 paneis impresos por ámbolos dous lados, que conteñen fotografías e os seus correspondentes textos.