Skip to main content
Axenda CaducadaBecerreá

Este venres comezan as Festas do Santo en Becerreá

Por 8 Setembro, 2022Setembro 14th, 2022Sin comentarios

Este venres día 10 dan comezo as festas en Cadoalla, Becerreá, coa actuación da solista Begoña García. A partir das 21.00 haberá raxo gratis para todos os asistentes e ás 00.30 Marta Carballo realizará unha actuación de canto gregoriano para continuar despois coa verbena a cargo da disco móbil DBC.

As festas continuarán o martes 13 coas actuacións do dúo Dilema e a disco móbil DBC. Para rematar as festas o mércores 14 haberá dúas misas ás 12.00 e ás 13.00 e unha sesión vermú amenizada por dúo Dilema.

Con motivo do 295 aniversario da romaría Ecce-Homo, dentro das Festas do Santo, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares editan un díptico para dar a coñecer a historia e tradición dunha das romarías máis antigas, documentadas, da comarca dos Ancares, só detrás da do Cebreiro.

A celebración data do ano 1727, cando o cura Xosé Valcárcel Quiroga mercou a imaxe, pagando a metade en cartos e a outra metade en misas, conseguindo reunir aos fregueses dos pobos de Becerreá, Ouselle, Cruzul e Cadoalla e encamiñarse con todos eles cara os Picos dos Ancares onde encargara a imaxe do Ecce-Homo a un carpinteiro, regresando con ela en procesión ata a igrexa de San Pedro de Cadoalla, onde se venera na actualidade.

Esta publicación garda historias e tradicións, tanto arredor da igrexa como da romaría. Un total de 250 dípticos que se distribuen nos comercios, bares e casas porta a porta.