Skip to main content
Castroverde

Abre a inscrición para o servizo madrugadores de Portomarín

Por 3 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Portomarín pon en marcha o Servizo Madrugadores para unha mellor conciliación da vida familiar coa laboral. 

O programa comeza o 12 de setembro e estará dispoñible para os alumnos de educación infantil e primaria do colexio CEIP Virxe da Luz e contará con un horario de luns a venres de 7.30 a 8.55.

O prazo de solicitude remata o próximo 7 de agosto e as inscricións poderán realizarse dende a sede electrónica municipal e nas oficinas do rexistro municipal.