Skip to main content
CastroverdePedrafita

A Deputación adxudica os contratos para as prestacións básicas da residencias de Pedrafita do Cebreiro e Castroverde

Por 18 Setembro, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación avanzou en cuestións relevantes para a Rede Provincial de Centros de Atención a Maiores e quedaron adxudicados os contratos para as prestacións básicas da residencias de Pedrafita do Cebreiro e Castroverde. No caso de Castroverde, a empresa adxudicataria é As Rodas Vivenda Comunitaria S.L e o importe de adxudicación é de preto de 690.000€. En Pedrafita do Cebreiro, a adxudicataria é CK Senior Gestión S.L por 636.000€.

Trátase dun contrato por un ano, con posibilidade de realizar prórrogas anuais como máximo ata o 20 de xuño de 2026, e inclúe as prestacións de cociña, limpeza e asistencia básica para estas dúas residencias da Deputación: dúas das 7 que a día de hoxe ten en funcionamento.

En materia de contratos, tamén quedou adxudicada a póliza de responsabilidade civil para o persoal da Deputación por 45.000€ á empresa W.R. Berkley Europe AG. A duración deste contrato é por un ano, pero poderá prorrogarse de ano en ano, ata un máximo de 4 anos.