Skip to main content
Lugo

A maxia das parroquias: Santa Maria de Teixeiro

Por 11 Setembro, 2022Setembro 12th, 2022Sin comentarios

Santa María de Teixeiro é unha parroquia situada a doce quilómetros da cidade de Lugo que conta con case 120 habitantes repartidos en dez núcleos de poboación entre as que se atopan Cotillón, Roade, Dornas ou Rozas.

A parroquia de Santa María de Teixeiro con un enclave natural como un dos seus principais atractivos. A área recreativa dos Lagos de Teixeiro é un espazo construido nos anos oitenta no que se realizaron varios lagos artificiais aproveitando un entrno natural única. Ademáis conta con outros elementos como un circuito de madeira para facer ximnasia, casetas con pato e tamén zona de barbacoas e mesas para poder desfrutar de un día no campo ca familia e amigos.

A área recreativa dos Lagos de Teixeiro limitan cos montes Penalva e Arco, un espazo natural de gran diversidade que resulta un dos principais atractivos deste entorno. Ademáis da diversidade natural tamén se pode atopar diferentes animais dende mamíferos ata animais acuáticos que viven neste espacio natural dos Lagos de Teixeiro.

Podemos recorrer o entorno do lagos por diferentes sendeiros, descubrindo os seus ricóns naturais ou tamen realizar algunha das diferentes rutas que atravesan a área recreativa tanto camiñando como en bicicleta. Se subimos ata a caseta de vixilancia contra incendios no alto do monte penalva poderemos apreciar unha preciosa vista panorámica.

A parroquia de Santa María de Teixeiro conta tamén con unha bonita igrexa de planta rectangular sitauda a carón do cemiterio. A construcción realizada en nave única e con granito é, xunto cos lagos, un dos principais atractivos da parroquia.

Para os amantes das motos esta parroquia conta con outro gran atractivo, o circuito MotoPark Jorge Prado. Esta nova pista de motrocross consiste nun circuíto de 2.000 metros de pista e 10 metros de ancho que aproveita os desniveis naturais do terreo para facer parte dos saltos. Conta cunha ampla variedade de saltos e trazadas para todos os niveis e con algún salto mais técnico para os pilotos máis experimentados.

Este pista de motocros permite que Lugo conte con un circuíto de referencia no noroeste peninsular, unha pista única en Galicia polas súas características que pode acoller competicións mundiais.