Skip to main content
Antas de UllaBarallaLugo

A Deputación aproba o acondicionamento de estradas en Lugo, Baralla e Antas de Ulla

Por 3 Setembro, 2022Setembro 5th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou en materia de vías e obras licitar por un total de case 830.000€ obras para o acondicionamento de cinco estradas da Deputación, tres de elaas ao seu paso por tres concellos Lugo, Baralla, e Antas de Ulla.

A voceira socialista puxo o foco en que, coa aprobación destes proxectos e a súa licitación, “damos un novo impulso á mellora da mobilidade na nosa provincia, que é unha das prioridades na acción política deste Goberno. Unha prioridade á que, de feito, destinamos un terzo do total do Orzamento, tanto para a mellora das estradas da Deputación, como das vías municipais”, subliñou, engadindo que “a mobilidade é un dereito máis da cidadanía, mellora a vida da xente, axuda a fixar poboación, dinamiza a economía e o emprego, e fai competitivo a un territorio. De aí, a importancia fundamental que lle damos nas nosas políticas e xestión”.

Estrada do Rato

No caso de Lugo, a Deputación mellorará o firme da estrada provincial do Rato, a LU-P-2925, en concreto, os tres primeiros quilómetros da vía, cun orzamento superior ós 156.000€ e un prazo de execución de dous meses.

García Porto subliñou que “dende a Deputación de Lugo temos que facer un sobreesforzo na conservación e mellora da estrada do Rato porque soporta unha elevada densidade de tráfico, moito maior da que lle correspondería polas propias características da vía, que é periurbana. E isto ocorre porque a Xunta de Galicia ten pendente de executar a segunda fase da Ronda Leste, unha das moitas infraestruturas e servizos que o Goberno galego lle debe á nosa provincia dende fai xa 13 anos”.

Lembrou que dende a apertura do HULA “multiplicouse por 5 o número de vehículos que circulan pola estrada provincial do Rato, xa que a maioría dos condutores, sobre todo os de Lugo, pero tamén do resto da provincia, utilizan esta vía para ir ao hospital, porque a Xunta non fixo os deberes e ten pendente a circunvalación da Ronda Leste”.

Baralla

En Baralla rehabilitarase o firme da LU-P-0508, que une Condomiña con Gasalla pasando por Castrolanzán. Actuarase nos 2,5 primeiros quilómetros, cun investimento de preto de 160.000€. O prazo de execución é de 2 meses.

Antas de Ulla

En Antas de Ulla, licítanse as obras para dúas estradas provinciais por un importe de algo máis de 156.000€. Por unha banda, a Deputación actuará na LU-P-0304, que vai dende Arcos ata o límite da provincia de Pontevedra, en Salto da Agüela, nun treito de 4,5 quilómetros. E por outra banda, tamén se mellorará a LU-P-0305, que vai de Gradoi ata Cruceiro, dende o inicio da vía ata o quilómetro 1,2. O prazo de execución no caso destas dúas estradas tamén é de dous meses.