Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Ciclo Galego de Teatro Amador volve este setembro ao Gustavo Freire

Por 7 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Maite Ferreiro presenta a quinta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Maite Ferreiro afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.

A quinta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo entre o 11 e o 25 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición comezan o día 11 de setembro ás 18.00 coa obra Fráxiles do grupo Rebulideiras Teatro. Continúan o sábado 17 de setembro ás 20.30 coa representación de Un desastre de función a cargo de Gargallada Teatro e o domingo 18 de setembro ás 18.00 será a obra O Principiño a cargo do grupo Paso de Valverde. O ciclo de teatro rematará o 25 de setembro coa ultima representación da obra Os veciños do lado ás 18.00 a cargo do grupo de Fauna 113.

Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou a partir deste xoves no portal entradaslugo.es.