Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O luns comeza a XLIV Semana de Cine de Lugo

Por 14 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

Un ano máis Lugo énchese de cine coa celebración da XLIV Semana de Cine de Lugo que terá lugar dende o 19 ata o 24 de setembro.

Nesta corenta e catro edición o festival proxectará máis de 100 películas onde estarán presentes as homenaxes a María Casares, Margarita Ledo Andión e Dario Xoán Cabana e tamén haberá espazo para grandes clásicos como O Acorazado Potemkim.

A programación desta semana chea de cine garda espazo para unha gran variedade de películas que se reparten en diferentes seccións como infantil, oficial, cine documental, curtametraxes ou o cine en galego. Todas elas con gran número de títulos nacionais e internacionais onde escoller para poder desfrutar de longametraxes e curtametraxes o longo de toda a semana.

Ademais da proxección das películas a Biblioteca Provincial acollerá unha exposición sobre María Casares que se inaugurará o martes 20 ás 17.30 e na que se presentará o libro María Casares. Vive desde hai cen anos do autor Manuel Curiel.

Para poder acceder ás películas é necesario mercar ou reservar entradas aquí e para máis información e o programa completo está dispoñible a páxina oficial da Semana do Cine.