Skip to main content
Lugo

O Sanfroidance e o Espazo Hip Hop volven este San Froilán

Por 15 Setembro, 2022Setembro 16th, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura confirmou para este San Froilán a volta do Espazo Hip Hop e do Sanfroidance. “Trátase de dúas actividades que contan cunha gran aceptación entre a veciñanza, e que un ano máis volven ter un espazo destacado no programa do San Froilán”, afirmou Maite Ferreiro.

Espazo Hip Hop.

Este evento xurdiu para axudar a difundir o talento lucense e galego, e un ano máis apóstase por continuar na mesma liña, apostando polos distintos artistas autóctonos. En Galicia contamos co maior talento en producción deste xénero a nivel nacional, e somos referencia neste eido a nivel internacional, con esta proposta búscase un espectáculo que combine distintas disciplinas para xerar un espectáculo único.

Unha das actividades a desenvolver dentro deste espazo son as Batalla de Galos, eventos basados na capacidade de improvisación sobre unha base instrumental aleatoria na que se argumenta de forma versada que gozan de moita popularidade. Un total de 16 participantes e un DJ, con distintas modalidades e temáticas de estímulos para os participantes.

Tamén haberá actuación de baile e graffiti. Contarase coa actuación dun grupo da escola de Stardance, axudando así a promoción da cultura e do arte local. A actuación consistirá na realización de un baile cun grupo de graffiti realizando unha obra en directo. A actuación de baile e o graffiti comezarán e rematarán a mesma vez. A temática do graffiti será o San Froilán e a música urbana.

Dentro de este espazo de Hip Hop tamén haberá concertos contando así coa actuación de Israel B e Lowlight  que son unha das referencias dentro da música urbana a nivel nacional e internacional e conta cunha popularidade desmesurada a nivel nacional desde que formou parte do grupo ”Takers” ata independizarse musicalmente. Tamén estarán dentro desta serie de concertos YNGZ, O Pirata, Carisma e MKP Crew.

Sanfriodance

O Sanfroidance terá lugar o sábado día 8 de outubro dando comezo ás 18.00 e rematando ás 02.00. Este ano contará coas actuacións dos seguintes artistas  Selecta Bob Figurante (Syricly Roots – Portugal), Kussondulola Som Sistema (Reggae – Portugal), Esteban Perez (Freestyle music – Tenerife),  Chacho Brodas (Dj Griffi Solo los Solo + Mbaka Oko + Juli Giuliani) (Hip Hop – Cataluña), Opolopo (Funky House – Hungría), Ki-Art (Visuales – Lugo)