Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Vello Cárcere acolle a representación da obra Bajo el mismo sol

Por 15 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

O próximo sábado 17 de setembro O Vello Cárcere acolle a representación da obra de teatro Bajo el mismo sol. 

Bajo el mismo sol é unha viaxe a través dos ollos dunha persoa migrante, dende que sae do seu fogar ata a súa chegada a España. E unha historia de vida e un reflexo de todas as dificultades que as persoas migrantes se atopan no camiño. 

A representación recomendada para maiores de 14 anos terá lugar no auditorio ás 12.00 e a entrada será de balde.