Skip to main content
Lugo

Mañá sábado unha nova xornada gratuita de Laster tag

Por 16 Setembro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A área de Xuventude organiza mañá unha nova xornada  gratuítas de laser tag. Esta actividade consiste nun xogo deportivo de destreza e habilidade por equipos, no que poderán participar os mozos e mozas lucenses de entre 14 e 35 anos. 

A xornada, que terán lugar mañá 17 de setembro, en horario de 10:00 a 20:00 horas, na parcela da casa da Xuventude e está enmarcada na programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Para participar é necesario inscribirse previamente na web www.lugomasxti.org. Haberá un total de 80 prazas dispoñibles e os menores deberán levar unha autorización firmada.

Os participantes dividiranse por grupos, preferentemente de 4 persoas, distribuídos en distintas quendas, en franxas dunha hora de duración. A actividade simula unha especie de combate entre dous equipos, aínda que presenta distintas posibilidades e tipos de xogos, onde os xogadores tratan de acadar puntos por medio dos seus marcadores, tratando de acadar uns obxectivos.

Todos os xogadores contarán cun vangardista equipo electrónico que consiste en tecnoloxía infravermella co que se debe facer branco nos inimigos do equipo ou equipos rivais e conseguir puntos.  Cada marcador leva un procesador interno que emite sinais de referencia por infravermellos e cada xogador unha cinta que indica a súa posición exacta. Todos os datos son procesados por un sofware de control e puntuación. Os xogos láser son un paso adiante respecto o paintball, segue a aventura, a estratexia e a emoción pero sen impactos nin voluminosas proteccións, todo dunha maneira máis simple e apto para todas as condicións físicas.

A actividade comezará nunha zona de recepción, na que un/unha monitor/a ofrecerá as oportunas explicacións ós participantes sobre en que consisten as actividades e o campo de xogo estará ubicado na parcela da Casa da Xuventude que contará con obstáculos para facer máis entretida a proposta.