Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Esta fin de semana Paradai celebra as súas festas

Por 20 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Este venres 23 de setembro dan comezo as festas de Paradai ca apertura da feira ás 16.00. Pola noite ás 21.00 haberá pancetada e chourizos no campo da festa e ás 22.00 dará comezo a verbena a cargo do dúo Eclipse e o Dj Adolfo Valiño.

O sábado o día dará comezo ás 10.00 coa apertura da Concentración de coches clásicos que sairán en ruta polo barrio ás 10.30 e chegarán ás 12.00 onde haberá unha presentación. Ás 13.30 dará comezo a sesión vermú a cargo do dúo Charada.

Na tarde do sábado o grupo Tambukda Lugo realizará unha saída a partir das 19.00 e ás 22.30 dará comezo a verbena a cargo da orquestra Royal e o dúo Charada.

O domingo 25 a partir das 12.00 haberá un pasarrúas de gaitas e despois da misa das 13.30 unha sesión vermú amenizada polo dúo Elixir. A partir das 16.00 haberá un karaoke infantil e ás 17.00 xogos infantís. Este último día de festa os nenos terán desconto nas atraccións.