Skip to main content
Lugo

A XV Limpeza Simultánea de Ríos terá lugar o próximo domingo

Por 21 Setembro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Adega Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense un ano máis para celebrar a XV limpeza simultánea de ríos que será o domingo 25 de setembro en horario de 11.00 a 13.00. Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea destes anos pasados a campaña Móllate polos ríos celebra un ano mais a recollida de lixo que terá lugar de forma simultánea en diferentes puntos de Galicia e que en Lugo será na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo.

Para o día da limpeza os materias precisos ou recomendables son luvas, pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo), botas de auga, bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo e tamén se poden levar capachos para transportar o lixo e reducir asi os residuos xenerados.

O pasado ano estimouse unha retirada de máis 16 Tn. de lixo de orixe diverso na que participaron un total de 891 voluntarios de 49 concellos en toda Galicia. Entre outros obxectivos, a Limpeza simultánea de ríos pretende divulgar como realizar unha actuación ecolóxica nos ecosistemas fluviais polo que se repartirá un Protocolo de Limpeza de ríos que tamén se pode descarregar aquí.

Para máis información e a realización da inscrición pódese acudir a páxina da Uned.