Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo presenta a súa candidatura para encabezar a lista do BNG ás municipais

Por 22 Setembro, 2022Sin comentarios

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, vén de rexistrar a súa candidatura para encabezar a lista de cara ás eleccións municipais do 2023. Rubén Arroxo explicou que “o BNG é unha organización democrática, e todas as cuestións importantes, como a cabeza de lista de cara a unhas eleccións municipais, escóllense entre toda a militancia”. Arroxo presentou a súa candidatura “para unhas eleccións nas que o BNG vai optar a todo”, e engadiu “temos optimismo, ilusión e ganas de seguir levando adiante un cambio profundo en Lugo”.

O Responsábel local do BNG, Felipe Rivas explicou que “o Consello Local abriu un procedemento no que calquera militante pode presentar a súa candidatura”, e engadiu “a asemblea local reunirase o vindeiro luns 26 e escollerá á cabeza de lista de cara ás eleccións de 2023”.

A proposta que aprobe a Asemblea Local será posteriormente refrendada polo Consello Comarcal e polo Consello Nacional do BNG. Rivas lembrou que “no 2015, o BNG foi escollida como a organización política máis democrática segundo o estudo realizado pola iniciativa +democracia, o que se demostra con procedementos como este, onde se da a voz a toda a militancia”.