Skip to main content
Lugo

Joe Crepúculo e SonDeSeu novas confirmacións para o San Froilán

Por 23 Setembro, 2022Sin comentarios

Dous novos concertos confirmados que se unirán ao programa do San Froilán 2022. As novas confirmacións son Joe Crepúsculo: Trovador Tecno, que  encherá a praza Horta de Santa María o 8 de outubro, e Son de Seu, que parará en Lugo na súa xira de XX aniversario o 9 de outubro ás 21h.

Joe Crepúsculo actuará na praza de Santa María o sábado 8 ás 23.00. No primixenio, foi nos suburbios de Chicago e Detroit, onde coceuse o cancioneiro que despois, a finais dos aos 80 e 90 do século pasado, trasladouse a Europa en forma de celebracións que xiraban arredor do baile que xeraban aqueles trovadores misturando os sons americanos coa electrónica de baile europea. Daqueles poetas líricos da música disco, marcados polo ritmo e o desexo xorde o trovador tecno Joe Crepúsculo. Trovador Tecno é unha celebración electrónica goliardesca oficiada e transmitida por un trovador que destila os mellores ritmos para tal ocasión. Joe volve con capa e cancioneiro irrefutable da man do xoglar Aaron Rux, o outro protagonista de este manxar electrónico. Viandas “clubbing” servidas como maní no novo traballo que Joe Crepúsculo presenta neste San Froilán 2022: un compendio-degustación dun menú universal.

As cancións de Joe son pílulas para a alma e os pes. A electrónica que elaborou xunto a Aaron Rux é un agasallo para a historia cultural do século XXI: antropoloxía dance. Este dúo musical despregará un catálogo irrefutable de xoias para a pista de baile na que convertirán á Praza de Santa María. Unha amalgama exquisita para o ouvído, o corpo e a celebración colectiva.

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu actuarña o 9 de outubro na praza de Santa Maria ás 21.00. O grupo nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo Libro branco da Educación en Música tradicional, O canto das Illas, Arraianos, A Rede Europea de Orquestras Folk ENFO, iniciativas que sitúan SonDeSeu como un grande referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo. Nesta xira do XX aniversario fan unha parada en Lugo, no San Froilán, no Domingo das mozas.