Skip to main content
Lugo

Alcer conta con un novo programa de atención psicolóxica para pacientes

Por 24 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

ALCER Lugo pon en marcha un novo Programa de Atención Psicolóxica en Enfermidade Renal cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC) e tamén a dos seus familiares. Este programa beneficiará a 200 persoas, entre pacientes e familiares

Entre as principais liñas de actuación, o programa implementará espazos de axuda mutua, a través da creación de grupos de iguais, e promoverá a atención psicolóxica a menores e adultos con ERC. 

Pretende converterse nun foro de entendemento, acompañamento, información e comprensión. Todo iso supoñerá un bastión importante para a convivencia coa enfermidade e a mellor asimilación de todos os cambios que conleva e para axudar a unha mellor adherencia ao tratamento, a través de talleres, charlas e apoio psicolóxico

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.