Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan os avances nos traballos de reurbanizacióna da rúa Bal y Gay

Por 25 Setembro, 2022Setembro 26th, 2022Sin comentarios

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a rúa Bal y Gay, onde veñen de comezar a executarse os traballos de reurbanización da mesma. “Trátase dunha rúa que conta cunha pavimentación de formigón moi desgastada, e con beirarrúas insuficientes, que non permiten garantir a accesibilidade”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “con esta actuación avanzaremos na mellora dos espazos públicos de Lugo, gañando zonas para o desfrute das persoas e mellorando a accesibilidade”.

Estase a executar unha renovación integral na pavimentación da rúa, instalando un novo pavimento baseado en mestura bituminosa en quente, e garantindo tanto o espazo peonil como o espazo de estacionamento. A nova distribución da rúa contará cun carril de circulación, un carril de estacionamento e unha beirarrúa ampla. Para garantir a seguridade das zonas peonil, separaranse da calzada habilitando unha nova franxa axardinada.

O Goberno de Lugo renovará tamén a canalización de alumeado e a rede de alumeado da zona, instalando novas luminarias LED, o que permitirá avanzar na renovación da rede de alumeado público da cidade con perspectiva de xénero e reducindo o consumo total da rede.  A actuación foi adxudicada a Ovisa, e suporá un investimento de 181.094,65€.