Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A UNED celebra este sábado un curso de formación do Proxecto Ríos

Por 28 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais. O curso impartirase na UNED de Lugo e as prazas son limitadas.

A charla O mexillón de río (Margaritifera margaritifera) será impartida ás 11.00 pola bióloga Catuxa Varela Dopico, que pertence ao grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos Grupo (CoPeMol) da USC. Tras a charla, persoal técnico de Proxecto Ríos de ADEGA guiará unha saía ao río Miño que dará comezo ás 12.00 e que servirá  para mostrar como se capturan e identifican os macroinvertebrados bioindicadores da calidade fluvial.

Dende o Proxecto Ríos de ADEGA ofrecen ao voluntariado ambiental a oportunidade de participar neste curso da man de persoal experimentado. A actividade conta co financiamento de Augas de Galicia.