Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

As Xornadas de Atención a Maiores contarán con mesas de detección de fraxilidade cognitiva e funcional

Por 29 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

A área de Benestar, que dirixe a edil Olga López, porá en marcha mesas de detección de fraxilidade cognitiva e funcional, a cargo de profesionais sanitarios do HULA, durante a celebración, este sábado, das Xornadas de Traballo de Atención Sociosanitaria ás Persoas Maiores, que desenvolve o executivo de Lara Méndez por terceiro ano consecutivo. “Estas mesas estarán instaladas a carón do Vello Cárcere, na Praza Nemesio Cobreros, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas”, explicou a concelleira.

“A través desta iniciativa, médicos de xeriatría do HULA realizarán unha valoración de fraxilidade, tanto cognitiva como motora, a todas as persoas interesadas e, nos casos nos que detecten riscos de caídas e fracturas ou de deterioro no coñecemento, informarán de como proceder e as precacucións a ter en conta”, explicou a edil.

Olga López explicou que “as mesas realizaranse en paralelo á celebración das charlas e conferencias que terán lugar no Vello Cárcere, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, e nas que participarán recoñecidos expertos galegos e a nivel nacional, coa finalidade de abordar temas clave para o envellecemento activo, de forma moi asequible para a poboación maior de 65 anos, un colectivo que representa o 22% da poboación de Lugo”.

A celebración das xornadas planifícanse ao redor de dúas conferencias maxistrais e tres mesas de traballo sobre a prevención da fraxilidade para acadar unha mellor calidade das persoas maiores, diminuíndo os procesos de dependencia ou discapacidade, e os coidados da saúde, onde participarán prestixiosos profesionais, galegos e de ámbito nacionais, en xerontoloxía e enfermería, traballadoras sociais e responsables de centros de día.

O obxectivo deste foro é realizar una reflexión sobre como mellorar os mecanismos para acadar unha poboación maior máis autónoma e con maior capacidade funcional.

As xornadas terán carácter aberto e gratuíto, polo que a concelleira convidou a todas as persoas a participar, e lembrou, ademais que, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, tras as mesmas, ás 19.30 horas, o Concello celebrará unha chocolatada popular con baile no Cantiño Nemesio Cobreros (a carón do Vello Cárcere).

Tras a inauguración, que presidirá a alcaldesa de Lugo, ás 9.00 horas, José Augusto Garíca, presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, falará sobre as oportunidades e ameazas para un envellecemento exitoso.

Nas mesas de debate posteriores participarán expertas do Servizo de Xeriatría do HULA como a xefa do Servizo, María del Rocío Malfeito; a médica especialista Beatriz Ares, a médica interna Vanessa Álvarez; e a xeriatra Laura Gamonal; así como María Zuluaga, xefa de sección do Servizo de Benestar Social do Concello de Lugo, ou Dolores Moure Rodríguez, traballadora social do HULA, entre outros.

A charla maxistral correrá a cargo de Vicente Pérez Cano, director da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC), e José María Faílde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, pechará as xornada.

As xornadas terán carácter aberto e gratuíto e ademais, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, tras as mesmas, ás 19.30 horas, o Concello celebrará unha chocolatada popular con baile no Cantiño Nemesio Cobreros (a carón do Vello Cárcere).