Skip to main content
Monterroso

O Concello de Monterroso organiza un curso de informática para adultos

Por 10 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Monterroso organiza durante os días 19 e 26 de setembro e 3 e 10 de outubro un curso de informática para adultos.

O curso que será impartido en horario de 16.00 a 20.00 contará con contidos como nocións básicas de mecanografía, informática básica ou xestión de aplicacións como a banca electrónica ou a chave 365.

Está formación é de carácter gratuíto e pódese reservar praza a través do seguintes enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/39490