Skip to main content
Axenda CaducadaNavia de Suarna

A Asociación Irmandade Naviega programa actividades para as festas de Navia

Por 15 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

Con motivo das festas patronais de Navia de Suarna a Asociación Irmandade Naviega organiza actividades de teatro, literatura e música. 

Para o venres 16 de setembro a Asociación presenta Loa á Deusa Navia, unha obra de teatro representada polo grupo Nova Escena Teatro de Lugo que terá lugar no Alargo ás 21.00. 

O sábado 17 de setembro a Casa Quiñones de Barcia acollerá a presentación do libro O Gran poema de Tino de Féliz ás 19.00. Tamén o sábado, na praza, terá lugar un concerto a cargo da Agrupación de Acordeois Terras do Miño ás 20.30.