Skip to main content
Navia de Suarna

A Deputación e o Concello de Navia de Suarna colaboran para adquirir o Muíño do Médico

Por 23 Setembro, 2022Sin comentarios

A  Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba un convenio de colaboración co Concello de Navia de Suarna a través do que a Deputación aporta 100.000€ para adquirir un inmoble denominado Muíño do Médico.

O Concello aportará os 20.000€ restantes para completar o importe da compra deste edificio, que é moi representativo para a Pobra de Navia e a súa veciñanza polo que supuxo na historia da vila. O Muiño do Médico está situado en plena área recreativa, xunto á praia fluvial do río Navia, e esta compra servirá para poñer en valor o espazo, que poida recuperar a súa actividade principal, que era moer, e sexa un polo de atracción para os visitantes albergando tamén unha exposición de ferramentas tradicionais.